OurenseÚltima hora

Ourense organiza a “Semana Maker” para formentar o emprendemento

Inclúe unha presentación dun proxecto europeo de cooperación transfronteiriza

Ourense convértese na capital do movemento maker para fomentar o emprendemento coa organización da “Semana Maker”, que se celebra do 15 ao 17 de xullo e que inclúe a presentación do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza “Emprende Makers” (programa INTERREG V A España Portugal), que tivo lugar hoxe no centro cultural “Marcos Valcárcel”.

 

Durante a presentación do proxecto europeo “Emprende Makers”.

 

O proxecto Emprende Makers permitirá a creación de novas iniciativas empresariais; ofrecerá formación, asesoramento e ademais habilitará espazos e sistemas que fomenten o emprendemento na área da innovación. A Semana Maker inclúe tamén a celebración de dous webinars, conferencias que se transmiten por internet que, baixo os lemas “Ecosistema emprendedor: Zaragoza cidade Maker” e “Emprendemento Maker: oportunidades de creación de empresas en base a tecnoloxías emerxentes”, se celebrarán os días 16 e 17 de xullo, respectivamente, a partir das 11.00 horas.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou na xornada de lanzamento desta iniciativa afirmando que o obxectivo da mesma é “fomentar o emprendemento para crear novas iniciativas empresariais que aposten pola innovación”.

Artigos relacionados

Back to top button