OurenseÚltima hora

Ourense pasa ao nivel máximo de restricións polo elevado número de contaxios de Covid 19

Na provincia de Ourense tamén pasarán a este nivel Barbadás, Allariz, Verín, O Carballiño, Monterrei e Xinzo de Limia

Vista da cidade de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O de Ourense é un dos 60 concellos que entrará a partir do venres no nivel máximo de alerta por Covid 19 logo de alcanzar na xornada deste mércores 13 de xaneiro, os 378 casos diagnosticados nos últimos 14 días. Por este motivo, a Xunta de Galicia vén de anunciar novas restricións para o Concello de Ourense, igual que para o resto de grandes cidades galegas.

O toque de queda nocturno producirase unha hora antes, as 22 horas. O comercio terá que pechar ás 21:30 horas e a hostalaría deberá cerrar ás 18 horas, podendo servir unicamente nas terrazas, podendo facer uso do 50% da súa capacidade.

Outra restrición que resulta novidosa, comparando coas anteriores, é a supresión de mobilidade co concello veciño de Barbadás, xa que dende as 00.00 horas do xoves 14, non estará permitida, ao quedar confinado perimetralmente.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome “lamenta moito as restricións que a Xunta se viu obrigada a tomar” sen cuestionar as medidas e xerarquía sanitarias. Agarda o rexedor “que se poidan levantar pronto” e que “remita”. “É un golpe durísimo para toda a economía e para a sociedade” en xeral e agardemos que se solvente pronto e que a vacina nos ampare a todos”, remata o alcalde.

Na provincia de Ourense tamén entrarán no nivel máximo Barbadás, Allariz, Verín, O Carballiño, Monterrei e Xinzo de Limia.

Artigos relacionados

Back to top button