OurenseÚltima hora

Ourense pasa a formar parte do Consello de Goberno das vilas termais españolas

Jesús Vázquez mantivo hoxe unha xuntanza en Madrid coa Federación Española de Municipios e Provincias, organismo que agrupa ás vilas termais
Jesús Vázquez na xuntanza de hoxe.

Ourense forma xa forma parte do club de vilas termais de España. A capital das Buergas ten o seu oco dentro Consello de Goberno de Villas Termales da Federación Española de Municipios y Provincias.

O alcalde, Jesús Vázquez, participou hoxe, 22 de xuño en Madrid, nunha xuntanza deste órgano. O rexedor municipal proveitou para invitar a todos os integrantes a participar no mes de setembro en Termatalia, a única feira internacional de turismo termal e de sáude que se celebra en España.

Na súa intervención, Jesús Vázquez explicou que as augas termais de Ourense son o gran atractivo turístico da cidade: “unha oferta singular, enfocada ao benestar e o termalismo lúdico, con espazos abertos para o baño, a orillas do Miño e tamén en pleno casco histórico, todas de de titularidade pública, que ademáis de ser o principal reclamo para o visitante, son, sen lugar a dúbida, o elemento que nos diferencia e singulariza como destino”.

 

Artigos relacionados

Back to top button