SanidadeÚltima hora

Ourense pon en marcha o “VaciCrib” que permite facer un test no punto de vacinación

 

“Neste momento o coronavirus está a afectar máis intensamente á poboación de menor idade, con maior mobilidade e contactos sociais. Isto motiva un esforzo cada vez máis intenso no cribado poboacional selectivo, dirixido precisamente a esas idades, que coincide no tempo coa vacinación de persoas cada vez mais novas”, explican dende a Área Santiaria de Ourense, Verín e O Barco, na que se vén de poñer en marcha unha innovadora iniciativa co fin de frear a pandemia.

“Na procura aproveitar cada posibilidade, en Ourense propuxémonos levar a cabo algo tan innovador e práctico como ofrecer directamente no punto de vacinación a posibilidade de realizar un test ou PCR”, explican dende a área ouerensá

A idea púxose en práctica esta pasada semana en Expourense e o resultado é moi esperanzador. “A maioría das persoas ás que se lle ofreceu a opción de facer o test aceptaron e valorárono moi positivamente, por ser operativo e rápido, xa que a espera de seguridade post-vacinal aproveitouse para realizar a mostraxe e agardar o resultado do test de antíxenos, sen afectar ao circuíto de vacinas”, destacan dende a área sanitaria.

Hoxe, martes 27 xullo, o “VaciCrib” volverá a ofertarse en Expourense, nesta ocasión aos primeiros e primeiras ourensáns de 20 a 29 anos citados para vacinarse, e tamén os máis novos da autocita de 16 a 19.

Artigos relacionados

Back to top button