Galerías de fotosOurenseÚltima hora

(Vídeo) Ourense preme o botón vermello e dá inicio ao Nadal

Miles de persoas xuntáronse na Praza Maior de Ourense para pulsar o botón vermello que dá inicio ao Nadal. Foi o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o que deu a benvida a todos os presentes, desexándolles unhas felices festas aos alí presentes e desexando cordialidade e alegría.

Pero os verdadeiros protagonistas da velada foron dos rapaces da asociación Down Ourense, que se encargaron de premer ese botón vermello que acendía o alumeado da cidade, tras unha intensa conta atrás.

Tras o acendido, os cidadáns gozaron da música de Capela Madrigalista, quedando así o Nadal inaugurado na capital das Burgas.

Fotos: Carlos Asensio. 

Artigos relacionados

Back to top button