CulturaEducación

Ourense premia o amor representado en forma de epístola

O II Concurso de Cartas de Amor do Concello de Ourense recibiu un total de 423 cartas de 13 centros da cidade
Os gañadores do premio.

A carta de amor “Replika”, presentada baixo o pseudónimo de Leilía Carballo Álvarez, do colexio Santa Teresa de Jesús de Ourense, foi a gañadora do primeiro premio do II Concurso de Cartas de Amor convocado pola Concellería de Educación e que onte celebrou, no salón de plenos do Concello de Ourense, a súa entrega de galardóns. A premiada recibiu como un bolígrafo dixital intelixente e un lote de libros como premio.

O segundo premio foi para “Pedrolo”, pseudónimo de Marcos Guede Barrera, do IES Blanco Amor, que recibiu como premio un lote de libros xuvenís. Finalmente, a mención especial do xurado foi para “Gugma”, pseudónimo de Paula Cueto Vázquez, do CEIP Curros Enríquez, que recibiu como premio un lote de libros infantís.

Fronte aos 73 traballos presentados na primeira edición, o xurado desta segunda convocatoria tivo que elixir entre as 429 cartas de 13 centros de ensino da cidade. A concelleira de Educación, Belén Iglesias, animou aos presentes a “valorar o amor todo o que lles rodea” e seguir expresándose desta maneira.

Artigos relacionados

Back to top button