BarbadásConcellosRibadaviaÚltima hora

Ourense, Ribadavia e Barbadás pasarán a nivel medio de restricións o sábado

Praza Maior de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na súa reunión desta tarde o Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo Covid-19, vén de acordar o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button