OurenseÚltima hora

Ourense súmase á campaña “En la carretera, cerveza SIN”

A vindeira semana abriranse as inscricións dunha nova convocatoria dos cursos de condución segura de motos, que se realizarán en setembro en distintas cidades galegas

O grupo de moteiros de Harley Davidson que están a percorrer España como embaixadores do programa “En la carretera, cerveza SIN”, eran cecibidos na mañá do 11 de xullo no Concello de Ourense que se suma así, a esta proposta para concienciar sobre a incompatibilidade de alcohol e condución posta en marcha por Cerveceros de España que conta co apoio da Dirección Xeral de Tráfico.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, foron os encargados de recibir aos seis protagonistas desta iniciativa, que este ano percorrerá 4.700 quilómetros e 19 cidades, que animaron os ourensáns a non beber alcohol cando vaian conducir este verán. Nesta liña, o alcalde recordou que “existen alternativas” ao consumo de alcohol cando se vai coller o volante. “Esta campaña ten que ser unha chamada de atención para que interioricemos que un condutor comprometido é a mellor opción para poñer fin a sucesos nos que o alcohol está a truncar vidas nas nosas estradas”, apuntou o rexedor, explicando que “pequenos xestos” como pode ser o cambiar o consumo de cervexa por cervexa sen alcohol “son un paso cara adiante neste camiño no que as administracións e os cidadáns temos que ir da man”.

Á presentación desta campaña (que este ano chega á maioría de idade) en Ourense, asistiron a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; o xefe provincial de Tráfico, David Llorente e representantes da asociación Stop Accidentes e Cristina de Aguirre, Responsable de Asuntos Sociales de Cerveceros de España. No acto Vázquez, avanzou que a vindeira semana abrirase o prazo para inscrición dunha nova convocatoria dos cursos de condución segura de motos, que se realizarán o vindeiro mes de setembro en distintas cidades galegas.

Artigos relacionados

Back to top button