OurenseÚltima hora

Ourense súmase ás protestas contra as reválidas da Lomce

Alta participación de alumnos na concentración convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público
Imaxe da concentración que tivo lugar nos Xardíns do Padre Feijóo contra a Lomce.
Imaxe da concentración que tivo lugar nos Xardíns do Padre Feijóo contra a Lomce. // Foto: Sara Fontenla.

A cidade de Ourense súmase ás protestas que durante toda a xornada do mércores 26 de outubro se sucederon por todo o territorio nacional en contra das reválidas e da Lomce. Os protagonistas: profesores, pais e alumnos, cunha alta participación por parte destes últimos na concentración convocada nos Xardíns do Padre Feijóo. Alí se deron cita a media tarde ducias de rapaces e profesores que ergueron xuntos a voz ao grito de “Nin reválidas nin Lomce”. Posteriormente tamén houbo unha marcha polas principais rúas da vila, que, xunto coa protesta dos traballadores do Banco Pastor por un ERE, alteraron a calma habitual das tardes na cidade, incrementando o labor de vixiancia das Forzas e Corpos de Seguridade e a presenza da Policía Local para regular o tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close