DeportesÚltima hora

A Ourense Termal Athletics Meeting, o 29 de maio no campus

Un momento da presentación da proba.
Un momento da presentación da proba.

A carreira Ourense Termal Athletics Meeting 2016 celebrarase na cidade de Ourense o vindeiro domingo 29 de maio. Terá lugar na pista de atletismo do campus, da Universidade de Vigo. Este é o segundo ano que se celebra e, tal e como se indicou, acadouse un 200% máis de inscricións que o ano pasado, pasando de 300 a 600 participantes.

Incluída no calendario de competición nacional da Real Federación Española de Atletismo, presentouse onte no Pazo Provincial onde participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, o coordinador de Termal Athletics Meeting, Lalo Gómez, o delegado técnico da Federación Galega de Altetismo, Ángle Fidalgo e o vicereitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodriguez entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button