En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Ouro e prata para o Fluvial Barco na Copa España clásica por patrullas de augas bravas

O club valdeorrés colleitaba outros sete podios nas probas desta competición nacional celebrada no río Sil

Chuvia de medallas para o Fluvial Barco na Copa España clásica de descenso de augas bravas que se disputaba na tarde do 25 de maio nas augas do río Sil. O acto de entrega de premios, que tiña lugar no Malecón barquense, iniciábase arredor das oito da tarde, tras unha breve actuación de dous xoves gaiteiros (Paulo Vázquez e Rubén Rodríguez). Comezábase pola categoría K-1 cadete. O Fluvial Barco sumaba un total de nove podios, entre eles o ouro na clásica por patrullas cadete e o ouro e a prata nas patrullas sénior.

Ademais, a Copa España individual clásica era tamén campionato galego de augas bravas, na cal o Fluvial Barco sumaba oito podios, entre eles o título como mellor club da proba.

A competición continuará mañá domingo ás 10h. coa Copa España de augas bravas na modalidade sprint, con dúas mangas, na zona das Cortes.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button