DeportesÚltima hora

Ouro para o Fluvial Barco en K-2 senior no galego de inverno de barcos de equipo

A embarcación de Miguel Fernández e Julián Becerro ganaba nesta categoría na proba autonómica celebrada en Castrelo de Miño

Os padexeiros do Fluvial Barco no podio en K-2 senior, en Castrelo de Miño./ Foto: Fegapi.

 

Os padexeiros do Fluvial Barco Miguel Fernández Castañón e Julián Becerro facíanse co título en K-2 senior no Campionato galego de inverno de embarcacións de equipo, na distancia de 5.000 m, que se disputaba neste sábado 10 de abril no encoro de Castrelo de Miño.

O seu barco completaba o circuíto nun tempo de 0:17:24,55. O segundo posto desta categoría correspondíalle a Iván Alonso e Jaime Manuel Sobrado (Club de Piragüismo Olívico) e o terceiro a Sebastián Delgado e Matías Otero (Kaiak Tudense).

Artigos relacionados

Back to top button