DeportesÚltima hora

Ouro para os vianeses José Novoas e Aldara Basteiro (Adas) no campionato galego Sub16 de pista cuberta

Podio galego para o vianés José Novoas que viste a camiseta do Adas./ Foto: Club Adas.

 

Salientable actuación dos atletas do Club Adas Proinor do Barco no XXXIV Campionato Galego de Pista Cuberta Sub16, que se disputaba o sábado 13 de marzo en Expourense. Entre os resultados sobresaía o ouro de José Novoas, campión galego nos 60 m e marca mínima persoal con 7’51. “Enorme campionato do atleta de Viana”, resaltan dende o club.

Ademais, a tamén vianesa Aldara Basteiro convertíase en campioa galega de salto de altura, cun rexistro de 1,48. “Unha satisfacción ver os froitos da colleita do gran Pepe Girís”, destaca o presidente do Adas, Agustín González.

 

Aldara Basteiro, no podio do Campionato galego de pista cuberta Sub16, onde foi ouro en altura./ Foto: Club Adas.

 

Por outra banda, Sandra López Mmt en altura con 1,38, quedaba en quinta posición; e Lidia Fernández, tamén quinta, con Mmp. 9,03 nos 60 m.l.

Así mesmo Nicolás Sierra situábase quinto en altura, preto da súa marca personal, e Hugo Arias cuarto en triplo, logrando a súa mellor marca persoal con 11,04.

Artigos relacionados

Back to top button