En portadaÚltima hora

Ouruxobruxo, Os Bertolini, Os da Fonte, Os Palletas, Os do Recanto e Fiadeira, porán son ao CaViño na Rúa

A V edición da ruta de viños e pinchos celebrarase os días 28 e 29 de xuño
Brindando co godello na anterior edición do Caviño. /Foto: Mónica G. Bellver.

Ruta de tapas, “trenecito chucu-chu”, música en directo polos locais, máis de 2.000 agasallos directos, sorteos, catas comentadas, visitas a adegas e degustación dos viños de preto dunha vintena de adegas da D.O. Valdeorras. É o que ofrece o CaViño de Inverno, a ruta de viños e tapas polos bares da Rúa que se celebra esta fin de semana da man da Asociación Sociocultural San Cristobal.

Así, os días 28 e 29 de xuño (venres e sábado) os participantes terán a ocasión de degustar diferentes tapas nos locais de hostalaría, acompañadas por viños de Valdeorras, tendo dereito a agasallos directos en función dos selos que consigan (en cada local poranlle un no pasaporte) e tamén a sorteos. Ademais, un ano máis haberá un tren para desprazarse pola Rúa coa música tradicional sempre de fondo.

 

Cartel do CaViño de Inverno 2019.

 

Os establecementos que participan este ano son: O Pillabán, El Patio, O Retorno, La Barbería, Bar Norte, As Piscinas-Dipöp, O Refuxio-O Aguillón, O Café, Cervecería O 4, Bravo Lux, Sport’s Café, A Skina, Bar Paco e Restaurante Pepa. E con respecto ao apartado musical, nesta edición soarán as gaitas, pandeiretas e voces de Ouruxobruxo, Os Bertolini, Os da Fonte, Os Palletas, Os do Recanto e Fiadeira.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/unha-quincena-de-locais-de-hostalaria-participaran-no-v-cavino-de-inverno-na-rua/

Artigos relacionados

Back to top button