CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Ouruxobruxo pon son á tarde do domingo na Feira de 1812 en Petín

O grupo valdeorrés foi un dos que actuou nesta edición da festa no casco vello petinés

Medio cento de postos: de doces, de coiro, de madeira, de cerámica, de xoguetes, de pementón (con exhibición de moenda incluída);  exposicións de bonsais, de maquetas de barcos e monumentos, de radios antigas; unha decena de adegas da D.O. Valdeorras; música en directo; exhibición de cabalos e bois, sorteo de 500 euros, churrasco,… A Feira de 1812 en Petín, que cada ano dende hai sete conmemora a Constitución de Cádiz, ten todos os ingredientes para desfrutar da fin de semana.

E así o facía o público que os días 23 e 24 de xuño, malia a sofocante calor, percorrían as rúas do casco vello petinés. Entre os actos destacados, o pregón no mediodía do sábado a cargo de Mª Antonia Vázquez Díaz e a actuación dos valdeorreses Ouruxobruxo o domingo pola tarde.

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button