SanidadeÚltima hora

“Outubro Rosa” para sensibilizar contra o cancro de mama, en Verín

Dende hoxe e ata o 31 de outubro a Fundación Dentalnova iluminará de rosa as súas instalacións

 

A Fundación Dentalnova únese á campaña internacional de sensibilización contra o Cancro de Mama “Outubro Rosa”, iluminando de rosa, desde esta noite e ata o próximo 31 de outubro o interior das súas instalacións en sinal de apoio á loita contra esta enfermidade.

A esta acción sumaráselle unha campaña fotográfica que se realizará a través das RRSS oficiais de Dentalnova. Utilizando a cor rosa como denominador común, dita acción ten o obxectivo de reforzar e manter presente, durante todo o mes de outubro, o carácter reivindicativo desta acción de concienciación.

Outubro Rosa

O mes de outubro é coñecido mundialmente como o mes no que institucións públicas e empresas privadas realizan accións relacionadas coa prevención e o diagnóstico precoz do cancro de mama.

O movemento, coñecido como “Outubro Rosa”, celébrase anualmente desde a década de 1990 e o seu propósito é difundir información sobre o cancro de mama. O seu obxectivo é promover o coñecemento da enfermidade, proporcionar un maior acceso aos servizos de diagnóstico e contribuír á redución da mortalidade.

O nome da campaña refírese á cor do lazo que é o símbolo internacional utilizado por persoas, empresas e organizacións que apoian o movemento. É por iso que durante este mes a cor rosa ilumina as instalacións e fachadas de multitude de institucións públicas e privadas que se unen a este movemento.

Artigos relacionados

Back to top button