CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Ovelliñas e lobos, entre manualidades e contacontos na Biblioteca de Verín

A amizade, a xenerosidade ou a aceptación da diferenzas. Son algúns dos valores que envolven a historia de “A ovelliña que veu a cear”, escrita por Steve Smallman e cuxos personaxes protagonistas son un lobo e unha pequena ovella. Baseándose neste libriño infantil o persoal da Biblioteca Municipal de Verín organizaba, en colaboración cos seus nenos voluntarios, unha orixinal e divertida actividade para os seus socios/as máis xoves. Tratábase de manualidades e de contacontos nos que participaban uns vinte cativos.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button