DeportesÚltima hora

P. Tres Cuñados remata a tempada de fútbol sala

O partido co líder, último da liga
Plantilla do equipo P. Tres Cuñados./ Foto: Carlos G. Hervella
Plantilla do equipo P. Tres Cuñados./ Foto: Carlos G. Hervella

Nin máis nin menos que no campo do líder e campión de liga, o Narón, rematará o Tres Cuñados F.S. a tempada na 2ª División B. Unha tempada na que os rapaces de Felipe fixeron un pouco de todo. Xogaron ben e mal, con moi bos e malos resultados que se resumen nos 28 puntos conseguidos nos 23 partidos xogados (8 vitorias, 4 empates e 11 derrotas), manténdose no 7º posto da clasificación.

O último partido de liga para os valdeorreses xogarase o 10 de maio na cancha dos coruñeses, logo dun mes de abril no que practicamente non xogaron. Das dúas xornadas planificadas pola Federación nacional de fútbol sala, unha (a última do mes) foi de descanso. A outra, xogada a comezos de mes no pavillón barquense de Calabagueiros, saldaríase cun empate a 4 goles ante o Rueda. Un partido no que segundo o propio club “sobrou a primeira metade”, vinte minutos nos que “non vimos que o rival esperaba cerrado atrás para saír con velocidade ás contras aproveitando dúas perdas de balón que nos custou o 0-2 ao descanso”.

Na segunda metade o dominio era local e “aos tres minutos xa tiñamos empatado o partido, primeiro cun fabuloso tiro cruzado de Carrera, e logo cun golazo de Corzo”. Aínda con tempo para complicar o encontro, os rapaces do Rueda marcarían outros dous goles aos que responderían os locais, rematando o encontro en táboas.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil)-

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button