DeportesÚltima hora

Pablo Aller, terceiro no campionato ibérico de orientación

O presidente do Club Peña Trevinca-Barco subía ao podio na modalidade de O-Precisión
O presidente do Club Peña Trevinca-Barco, Pablo Aller, nunha proba de orientación.
O presidente do Club Peña Trevinca-Barco, Pablo Aller, nunha proba de orientación.

Un total de 17 orientadores da provincia de Ourense, entre eles varios membros da selección galega de categorías menores, campións e subcampións galegos e de España, desprazábanse na fin de semana do 19 e 20 de setembro ata Madrid para participar no XXVI Trofeo Martin Kronlund 2015, “a proba decana do calendario estatal, no que á orientación pedestre se refire, con perto de 900 participantes, sendo valedeira para a liga española de distancia longa e media”, explican dende a delegación ourensá da FEGADO.

No marco deste evento, o sábado 19 de setembro desputouse asemade o Campionato Ibérico de O-Precisión con presenza lusa e deportistas do Barco de Valdeorras, Ourense capital e Rairiz de Veiga. Un trofeo celebrado na madrileña Sierra de Guadarrama no que o presidente do Club Peña Trevinca-Barco, Pablo Adrián Aller Estévez, resultou clasificado no 3° posto.

Artigos relacionados

Back to top button