CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Pablo Balseiro actúa esta fin de semana en Quiroga e A Rúa

O músico coruñés presenta o seu espectáculo Rumbas & Guateque no Ruxe Ruxe e no Bravo Lux
O músico coruñés Pablo Balseiro.

Despois de varias actuacións pola comarca o pasado ano, Pablo Balseiro regresa na ponte de maio a Valdeorras e tamén a Quiroga co seu espectáculo Rumbas & Guateque, un compendio de versións de diferentes estilos e artistas así como temas propios do seu último disco San Roque Pá especialmente pensados para o directo.

A actuación na cervexería Ruxe-Ruxe de Quiroga será este venres 28 de abril ás 23:30h. e no Bravo Lux da Rúa o sábado 29  a partires da 1, xa na madrugada do domingo.

Tal como explican dende Hermanager Producións, Pablo Balseiro é un músico coruñés que “ofrece un directo sen condicionamentos estéticos nin etiquetas, música en estado puro entendida como feito de compartir, de gozar e pasalo ben”. Un artista que sempre o dá todo enriba do escenario “para facer cantar, bailar e pasar unha gran velada ao público”.

 

Artigos relacionados

Back to top button