ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Pablo Castellano, con raíces valdeorresas, portada da prensa rosa nacional pola súa voda con María Pombo

O pasado 22 de xuño celebrábase unha das vodas máis influíntes da era “millenial” entre Pablo Castellano, sobriño do doutor barquense Gabriel Castellano López e a famosa blogger

Seguida en streaming, fanáticos do mundo da moda estiveron atentos ó enlace entre o xove de orixe valdeorresa Pablo Castellano e María Pombo, unha das máis aclamadas influencers españolas, que dedicaríanse o esperado “si quero” despois dunha emotiva pedida de man que tivo lugar en Langre (Cantabria), unha praia e acantilado con especial significado para a parella.

A parella contraía matrimonio recentemente despois de catro anos de relación da que puideron ser testigos os seus millóns de seguidores grazas ás influencias da xove no mundo da moda e as redes sociais. O noivo é sobriño do barquense Gabriel Castellano López, quen exerce como profesional na clínica dental que leva o seu nome en O Barco de Valdeorras.

 

Clínica Dental do Doutor Gabriel Castellano López.

Ocupando as portadas da maioría da prensa rosa a nivel estatal, a voda foi unha congregación de grandes referentes da moda. Dende Laura Ecanes e Risto Mejide, ata a gran Dulceida, acompañada da súa muller, reuníronse na Colexiata de Santa Cruz de Castañeda, no pequeno pobo de Socobio, en Cantabria, para acompañar ós recén estreados marido e muller no seu “si quero”.

María Pombo entraba belísima na igrexa acompañada do seu pai, mentres que o futuro marido facíao do brazo da súa nai, Patricia da Serna. Xa a noiva recibía á prensa e ós máis de trescentos invitados bromeando sobre a enorme familia de Pablo, que superaba a súa en número con creces.

 

Vivíuse un emotivo momento grazas ó irmán do noivo, quen durante a cerimonia, fixo referencia nunha lectura ó seu pai falecido fai dez anos, o irmán do valdeorrés Gabriel Castellano López. Este non foi o único momento de bágoas para os noivos, que xunto cos invitados celebraron unha velada chea de emocións e recordos compartidos cos seus familiares máis achegados.

A voda, como non podía ser doutra maneira para a blogger de tan só 25 anos, retransmitiuse en directo nas súas redes sociais, e foi vista por millóns de followers ata o esperado bico final á saída do templo, que entre vítores e aplausos invitados e seguidores daban a noraboa ós estreados marido e muller.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

 

 

Fotos: imaxes publicadas nas reportaxes das revistas Hola e Lecturas.

Artigos relacionados

Back to top button