DeportesÚltima hora

Pablo García, do Adas, campión galego Sub14 no triplo

Pablo García, no podio do galego Sub14 en Pontevedra./ Foto: Club Adas.

 

Cun ouro saldaba a súa participación no Campionato de Galicia Sub14 o atleta Pablo García Arias do Club Adas do Barco, na pasada fin de semana en Pontevedra. Impoñíase no triplo cunha marca de 10.18 m, que lle valía o título autonómico e coa que ademais facía marca mínima persoal. Ademais na lonxitude quedaba sexto cun salto de 4’42m.

Ademais deste podio, dende o Adas destacan as actuacións doutros atletas do club valdeorrés en Pontevedra, como é o caso do vianés Mauro Alexandre García Alexpuru que veía como “despois de entrar segundo nos 3 km marcha, sufría a descualificación unha vez entraba en meta. Iso non empana a excelente progresión de Mauro, que se converte nun dos mellores marchadores galegos da súa categoría”.

Ademais, Aroa Taboadela era sétima en triplo con 8’18m, Cecilia Prados cuarta no disco con 15’52 e quinta en peso con 7’05. Pola súa banda, Xiana Pungin facía unha marca 11’76 no 80 m, pero a marca quedaba invalidada polos 2’1 de viento.

Artigos relacionados

Back to top button
Close