Pablo Salgado encabezará a lista do PSdeG-PSOE en Viana nas municipais

Este avogado natural do municipio asegura que “Viana debe traballar por fixar poboación, xerar novos postos de emprego e, coa mellora das comunicacións coa meseta coa liña de alta velocidade, apostar por atraer novas empresas”

Pablo Luis Salgado encabezará a lista do partido socialista en Viana do Bolo.

A agrupación municipal socialista de Viana do Bolo vén de escoller a Pablo Luis Salgado Fernández como o seu candidato a alcaldía neste concello. Avogado de profesión, Salgado é natural do municipio, onde se criou e no que reside de forma habitual, polo que é un rostro moi coñecido entre a veciñanza.

Explica que se presenta ás eleccións “fundamentalmente, porque confío e creo no futuro e nas posibilidades da nosa comarca e tamén porque desexo un futuro para os nosos fillos no rural”. E asegura que cre “nas posibilidades de Viana porque proximamente vanse dar unha serie de acontecementos que, baixo o meu punto de vista, van a favorecer o desenvolvemento da nosa vila e da nosa comarca. Acontecementos coma a mellora da comunicación por Internet, coa chegada da fibra óptica, ou a mellora das comunicacións terrestres, coa finalización da obra do AVE, van a ser moi positivos para o futuro de Viana do Bolo”.

O candidato socialista apunta que “traballaremos para cumprir varios obxectivos moi importantes a curto prazo coma poden ser: asinar ó convenio para o arranxo da estrada de Santo Agostiño, que leva anos abandonada e sen que se acometan as reformas que precisa, tanto por parte da administración local coma pola Deputación. Bonificar os recibos do IBI, ou xestionar a construción dun paseo na beira do encoro da nosa vila, que sexa outro atractivo turístico engadido para unha vila con grandes recursos”.

Salgado Fernández remata afirmando que “Viana debe traballar por fixar poboación, xerar novos postos de emprego e coa mellora das comunicacións coa meseta coa liña de alta velocidade, apostar por atraer novas empresas potenciais que fagan medrar o futuro dunha vila na que queremos seguir apostando por vivir cos nosos fillos e gozando das vantaxes de vivir no rural, algo no que creo firmemente e do que son un gran defensor”.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies