CulturaCulturaÚltima hora

Paco Ascón expón en Viveiro

A mostra de pintura estará aberta do 8 ao 21 de agosto
Un dos cadros de Paco Ascón
Un dos cadros de Paco Ascón

A sala de exposicións do Casino de Viveiro-Club Náutico (Lugo) acollerá este mes de agosto unha exposición do pintor Paco Ascón.
A inauguración será o vindeiro venres 8 de agosto ás 20:30h, e a mostra leva por título “Paisaxes de Paco Ascón”, na que o artista amosará algunhas das súas últimas obras, pinturas ao óleo nas que o realismo e a cor cobran especial protagonismo.

Malia nacer en Barcelona, Ascón trasladaríase moi pronto a Galicia, onde a paisaxe influiría decisivamente na súa inquedanza artística, aproveitando o seu tempo en plasmar as cidades, os pobos, os bosques, as xentes e os costumes en pinturas, óleos, acrílicos, ceras,… miles de imaxes que impregnan a súa retina.

Realiza a súa primera exposición individual en 1974 e dende entón máis de cincuenta mostras abalan a súa tracectoria artística. A nivel nacional A Coruña, Ferrol, Barcelona, Almería, Mérida, Sarria, Betanzos, Ourense, Sevilla ou Salamanca. Fóra de España en París e Beziers (Francia), Los Ángeles, New York e Miami (USA), Gante (Bélgica], Battalha (Portugal)… A próxima será en Viveiro (Lugo), aberta ata o 21 de agosto, de martes a sábado, en horario de 11 a 14h. e de 18 a 21 h.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button