CulturaCulturaÚltima hora

Paco Ascón expón no Museo Gustavo de Maeztu de Estella (Navarra)

O pintor afincado en Xares (A Veiga) participa nunha exposición colectiva ata o 23 de novembro
Antroido de Laza, 2016.
Antroido de Laza, 2016.

“Antroido de Laza”, 2016 (óleo sobre lenzo en táboa, 54 x 73 cm) e “Santa María a Maior”, 2016 (óleo sobre lenzo en táboa, 61 x 73 cm) son as obras coas que o pintor coruñés afincado en Xares (A Veiga), Paco Ascón, participa na exposición colectiva “Salón de Arte” no Museo Gustavo de Maeztu de Estella (Navarra).

Xunto a Ascón, expoñen máis dunha vintena de artistas (pintores, escultores,…) con obras de diferentes estilos (óleo, acrílico, mixta, collage,…).  A inauguración da mostra é esta tarde e permanecerá aberta ata o 23 de novembro. O horario: de 9:30 a 13 horas de martes a venres; e de 11 a 14 horas os sábados, domingos e festivos.

Santa María a Maior, 2016.
Santa María a Maior, 2016.

Artigos relacionados

Back to top button