OurenseÚltima hora

Paco Ascón presenta en Ourense o seu libro “Tener o ser”

O acto tiña lugar no Salón Nobre do Liceo, presentado por Xabier Casares e Avelino Jácome

Presentación do libro de Paco Ascón no Liceo de Ourense.

 

O Salón Nobre do Liceo de Ourense acollía o pasado xoves, 8 de outubro, a presentación de Tener o ser, o primeiro libro do pintor Paco Ascón, nado en Barcelona e residente dende hai anos en Xares (A Veiga).

O acto, celebrado baixo un escrupuloso tratamento na seguridade sanitaria e co aforo reducido (50 personas), contou coa presenza do propio auto acompañado por Xabier Casares, presidente do Liceo e de Avelino Jácome director de Orixe Publicidade a empresa encargada da comunicación do evento, quenes explicaron que Tener o ser é “un compendio de filosofía poética, cargado de loita e reivindicación, un libro de lectura doada, que recorda a O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry, agochando entre liñas as máis fondas mensaxes dun xeito maxistral”.

O primeiro en falar era Xabier Casares que fixo unha breve exposición da biografía de Ascón, cargada de cariño e complicidade. De seguido Avelino Jácome realizou un comentario literario sobre o libro, concluíndo que se trata dun libro “imprescindible, para turrar cara adiante nestes tempos de pandemia”. Pechou as intervencións o autor, disculpándose con todos aqueles que non puideron asistir o acto pola redución do aforo e fixo un resumo do libro explicando que “parte da miña experiencia dende os 7 anos ata hoxe”.

A presentación remataba coa sinatura de exemplares por parte do autor.

Artigos relacionados

Back to top button