OurenseÚltima hora

Paco Gómez, da Pulpería A Feiriña de Ourense, escollido mellor cociñeiro de petiscos

O chef ourensán logrou o primeiro premio do xurado profesional coa tapa “Mantiña de castañas”

Paco Gómez, do restaurante Pulpería A Feiriña de Ourense alzouse co galardón a mellor cociñeiro de petiscos. Logrou o recoñecemento do xurado profesional coa tapa “Mantiña de castañas” na V Gala  Showcooking “De Tapas por Galicia” celebrada onte 2 de xullo pola Xunta de Galicia.

Paco Gómez, da Pulpería A Feiriña de Ourense, recollendo o seu premio.

 

Nesta gala participaron os representantes das principais cidades galegas, os cales foran previamente gañadores en concursos locais de tapas o pasado ano. O primeiro premio do xurado popular foi para os lucenses Alejandro Méndez e Alejandro Ares, do restaurante Cachivaches, coa súa tapa “Bonito ti!”. Estes tamén recibiron o terceiro posto do xurado profesional, mentres que o segundo posto foi para Rubén González, do restaurante El Cafetín de Pontevedra, co seu petisco “O polbo emigrante atlántico & oriental”.

 

Os participantes expoñendo os seus petiscos.

A iniciativa De Tapas por Galicia corresponde á Consellería de Cultura e Turismo é ao seu obxectivo de difundir a creatividade e innovación dos cociñeiros e cociñeiras de Galicia como elemento de promoción do turismo urbano. Así, a cociña en pequeno formato como promoción da cociña galega en calquera época do ano actúa coma un reclamo para visitantes cada vez máis interesados pola enogastronomía.

O certame deste ano contou coa participación de Pablo Fuentes, gañador do Tapéate Ferrol (Ferrol); Nelssy Soriano, do concurso Concurso de Tapas Picadillo (A Coruña); Tomás Rubio, gañador de Santiago(é)Tapas (Santiago de Compostela); Rubén González, gañador de Pontedetapas (Pontevedra); Pedro Méndez, gañador do concurso de Tapas Petisquiño (Vigo); Paco Gómez, gañador do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense (Ourense) e Alejandro Méndez e Alejandro Ares, gañadores do Concurso de Tapas de Lugo (Lugo).

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button