EconomíaEconomíaÚltima hora

Paella popular para celebrar a noite de San Xoán na Rúa

A cea será mañá, sábado 23 de xuño a partires das 21:30h. no campo de San Roque
Paella./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Mañá sábado 23 de xuño celebrarase a noite de San Xoán, a máis curta do ano, que foi adquirindo a maxia das antigas festas paganas en torno ao solsticio de verán, con fogueiras, queimadas e conxuros. En cada vila ou barrio celébrano dun xeito e na Rúa, será cunha paella popular.

Un ano máis, a comisión de Festas de San Roque organizou a súa particular noite de San Xoán cunha cea a base de paella, bica, viño, café e chupitos (10 euros) no campo de San Roque a partires das 21:30h.

Colaboran Mantesil e o Concello da Rúa, e a renovada disco show Danzalia porá a nota musical á festa.

Artigos relacionados

Back to top button