EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Paella xigante, malabares e música na última xornada da Festa do Casco Vello do Barco

Tras a sesión vermú que marcaban Los Íñigos no mediodía do 11 de xuño na praza Maior do Barco, a segunda e ultima xornada da Festa co Casco antigo continuaba ao redor das dúas e media cun xantar popular, a base de polbo á feira e dunhas paellas xigantes.

Xa ás 18:30h. tiña lugar a actuación do cómico e malabarista barquense Guti, que tamén realizaba algún que outro tuco de maxia sobre o escenario coa colaboración do público. A música volvía ao escenario con Los Íñigos ás 19:30h. e para as 20:30h. está prevista a actuación do grupo de soul-funk The Marveltons de Vigo.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button