ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A paixón de Cristo escenificada en Rubiá

Numeroso público seguiu a representación do calvario o Venres Santo

Dende a oración no Monte dos Olivos e o posterior xuízo no que é condeado a morte na cruz, ata o momento da crucifixión e posterior traslado ata a sepultura a carón da igrexa. A escenificación por parte dun grupo de veciños (coordinados polo párroco, Herminio González) da paixón de Cristo, foi un ano máis o acto central da celebración da Semana Santa no concello de Rubiá.

Pasadas as seis da tarde do Venres Santo, 25 de marzo, os actores puxeron en escena con gran realismo o momento máis duro da vida de Cristo, nun multitudinario acto que foi seguido de preto polos fegreses e tamén por moitos curiosos que, cámara en man, tentaron conseguir a imaxe máis representativa. Dende a praza da Baicela ata o campo preto da igrexa, Cristo percorreu coa cruz ás costas o pobo, simulando o calvario que vivíu antes da súa morte e posterior resurrección.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button