CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Pakolas presenta o seu novo libro-Cd “Ramona Órbita. A dona do Tempo”

Este personaxe, inspirado na súa bisavoa, unha muller labrega do Courel, "xefa na horta e boa coa tecnoloxía"

Paco Cerdeira “Pakolas”./ Foto cedida.

 

Despois da edición de “Pakolas” no ano 2017, cunha moi boa acollida por parte do público (que esgotaba a súa primeira impresión en tan só 9 mese), chega “Ramona Órbita. A dona do Tempo”, o segundo libro-cd de música infantil de Paco Cerdeira “Pakolas”. Este traballo, editado por Galaxia (Sonárbore), conta a historia de Ramona Órbita, personaxe inspirada na súa bisavoa, a través das letras de dez novos temas nos que Pakolas canta as súas aventuras.

“Neste novo libro”, sinala Paco Cerdeira, “contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, posuidora dunha horta automática con patacas cibernéticas, desas que por suposto se plantan e recollen soas, e o seu mellor invento: unha máquina do tempo!. Con ela percorremos o pasado e o futuro na procura da máquina de movemento perpetuo de Leonardo da Vinci, para xerar enerxías limpas. Así levaranos de viaxe pola Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, pola China Imperial, ou mesmo ao futuro, con moitas aventuras, personaxes e peripecias que gustarán por igual á xente miúda e a maiores”.

Paco Cerdeira comezou na música como membro de Mamá Cabra, e tras case dez anos nesta formación, en 2014 decidía formar unha banda de música infantil. Así nacía A Gramola Gominola. A finais do ano 2015 comeza a artellar o seu proxecto persoal e nace así a proposta de “Pakolas” na que segue a traballar para os cativos con letras e composicións propias.

Pakolas e a ilustradora Laura Romero ./ Foto cedida.

 

No seu último libro-disco, Pakolas conta ademais coa colaboración da ilustradora Laura Romero, que participou en todo o proceso creativo do persona se Ramona Órbita e das súas aventuras. A comezos deste mes de outubro, Pakolas e Ramona Órbita visitaban diversos lugares da xeografía galega, entre eles Allariz, e a súa xeira continuará por Narón, Santiago e Neda, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button