CulturaCulturaÚltima hora

Paladium, sede dun museo de pezas antigas en Valdeorras

O complexo hostaleiro de Vilamartín presenta as coleccións de radios e artes gráficas
Presentación dos museos no Paladium.
Presentación dos museos no Paladium.

Na mañá do mércores 12 de marzo, Bautista Álvarez propietario do Complexo Hostaleiro Paladium con sede en Vilamartín de Valdeorras, presentaba os museos que albergan as súas instalacións. Dous interiores: de radios e de artes gráficas, e un exterior con todo tipo de máquinas e pezas antigas.

A visita, convocada polo IEV á que asistiron o seu presidente Aurelio Blanco e outros membros, comezaba polo museo de radios que Bautista comparte con Ignacio Rodríguez técnico que repara, restaura e incluso fabrica as pezas para radios. En total teñen reunido preto de mil aparellos (radios, tocadiscos, gramolas e máquinas de música) de diferentes épocas e marcas. A máis antiga data de 1895.

Nos exteriores do complexo, atopamos infinidade de pezas de gran envergadura. Dende unha central eléctrica ata alambiques, pasando por carros de madeira, muíños e incluso un canón.

O terceiro museo, o de artes gráficas é quizais do que máis orgulloso se sinte Bautista. No centro do local atopamos a Imprenta Llorden co equipo completo, incluíndo centos de letras “custou moito montala e poñela a funcionar” explica Álvarez Rey. Xunto a ela hai tamén diferentes máquinas de escribir, periódicos, revistas, e tamén outros artiluxios antigos de ámbitos moi variados.
Malia levar case trinta anos xuntando pezas “porque sempre me gustou” di Bautista, non foi ata hai un ano e medio máis ou menos cando se decidíu a organizalas no que agora é o Museo Paladium. Tal como el mesmo explicou todo aquel que se achegue ata o complexo e o desexe, pode visitalos sen problema “basta con que avisen un día antes”.

Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button