ConcellosÚltima hora

Palimoco Teatro presenta no Barco unha versión actual e diferente do mito de Medea

“Medea, Salvaxe?” representarase o vindeiro venres 20 de abril no Teatro Lauro Olmo do Barco ás 21h.
Unha das escenas desta peza teatral que poderá verse este venres no Barco.

Medea é unha figura da mitoloxía grega moi presente en obras de autores clásicos e tráxicos como Eurípedes e Séneca, pero tamén doutros posteriores ata a actualidade. Considerada unha feiticeira, destaca pola súa condición de muller independente, algo contrario ao prototipo ideal da época clásica. Palimoco Teatro aposta por retomar e reinterpretar este personaxe na súa obra “Medea, Salvaxe?”, que poderá verse o vindeiro venres 20 de abril no Teatro Lauro Olmo do Barco ás 21h.

A peza, dunha hora de duración, conta cun elenco formado por Paloma Lugilde, Sergio Zearreta, Nate Borrajo. A autora deste texto teatral é Crhista Wolf e Palimoco lévao a escena baixo a dirección da ourensá Ánxeles Cuña Bóveda.

“A nosa proposta é un convite para entrar no tempo pasado cunha nova actitude: dubidar da estereotipia, evitar os prexuízos, refutar as vías inmutables e escoitar. Queremos contar a súa historia desde unha ollada diferente e actual, trazando o retrato dunha muller entre dous mundos (estranxeira aquí e acolá) que trata de afirmarse no medio da incomprensión e o receo dos habitantes da cidade onde emigrou”, segundo sinala a compañía.

Artigos relacionados

Back to top button