EconomíaEconomíaÚltima hora

Panamá presenta en FITUR a súa colaboración en Xantar como país convidado

O ministro de Turismo do país, Gustavo Him, sinalou que no salón participarán “os mellores chefs” de Panamá

O ministro de Turismo de Panamá, Gustavo Him presentou onte, no marco de FITUR, a nova campaña turística do país dirixida ao mercado internacional e que presta especial atención aos Estados Unidos, Canadá e España. Este acto incluíu a presentación da participación de Panamá como país convidado á décimo oitava edición do Salón de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro.

O ministro de Turismo estivo acompañado neste acto pola embaixadora do país suramericano en España, María Mercedes de la Guardia de Corró, e polo director de Xantar, Alejandro Rubín. Este último explicou os motivos polos que Panamá resultou elixido para participar como país convidado: “Panamá non só ofrece a mellor gastronomía, agasalla experiencias e iso é o que hoxe en día busca o viaxeiro”. Entre os asistentes a esta presentación, encontrábase tamén o concelleiro de Turismo de Ourense, Jorge Pumar, que representa unha das entidades que mostran un grande apoio institucional ao salón.

O menú que Panamá presentará en Xantar inclúe: carpacho de saus (frío) e sacocho panameño (quente) , como entrantes; escabeche de peixe con coco e lomo de porco ao achicote, como pratos fortes; e “enyucado”, pantinta e goyoría, como sobremesa.

O ministro Him sinalou ademais que en esta feira estarán presentes os mellores chefs de Panamá, entre eles, Charlie Collins, quen recentemente recibiu en Fitur España o premio “Excelencias” polo seu recente libro “T’ACH, cocina autóctona panameña”, do cal a ATP foi patrocinador, e será presentado en Xantar.

Artigos relacionados

Back to top button