ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Pancetada cultural, nas covas de Vilamartín

Un cento de persoas participaba nesta orixinal iniciativa que tiña lugar na noite do 1 de maio

Maxia, teatro, música e gastronómica no marco das covas da zona vilamartinesa de Os Barreiros. Con esta mestura de elementos desenvolvíase na tarde-noite do 1 de maio a primeira edición da “Pacentada Cultural”, promovida dende a Asociación de Coveiros de Vilamartín. Con ela “tratamos de darlle unha volta á tradicional pancetada, que viñamos facendo para os membros da asociación, co fin de abrila a toda a veciñanza e ás persoas que queiran achegarse até o noso pobo dende os concellos veciños”, explican dende a organización do acto.

A cita reunía a un cento de persoas que desfrutaban dun programa moi variado que tiña como escenario cinco covas. Un dos referentes da cita a presenza do Mago Antón, que actuaba a partires das 20:30h., indo de cova en cova. Tamén se podía desfrutar cun grupo de micro efectos dramatúrxicos que interprenban unha peza de microteatro, e da presenza de Rachel, unha polífacética contadora de historias e cantante que intercalaba música e relatos.

A actividade consistía en que cada un dos artistas realizaba a súa interpretación nunha cova, “e o público ía de cova a cova, vendo cada unha das actividades que se desenvolvían. Así podíanse ver diferentes espectáculos tomando un viño de cada unha das covas, para rematar, cunha pequena pancetada na grella para todos os asistentes”, tal e como se indica dende a organización.

A actividade era gratuíta para os membros da asociación e aqueles que non eran socios aboaban 5 euros pola súa entrada.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button