ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Pancetada e moita música na Festa da Xuventude de Trives

A partires das nove e media da noite do venres 13 de abril poñíase en marcha a Festa da Xuventude de Trives no pavillón polideportivo desta localidade. Os asistentes comezaban saboreando unha gran pancetada gratuíta, de cuxa preparación se encargaban Paco e José Carlos, que colaboraban deste xeito coa organización, en mans de tres mozos triveses: Alba Rodríguez, Jacobo Caneda, Teresa López.

E despois da pancetada, chegaba a música por dobre partida. Primeiramente soaba a orquestra Solara,  e, seguidamente, a disco móbil Stuu. Numerosas persoas se sumaban a esta celebración, que é continuidade da Festa da Xuventude do pasado 29 de marzo, na que as actuacións musicais tiñan que suspenderse debido ao temporal.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button