CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Pándega, Abertal e Airiños de Caldelas actuarán nos cantos de taberna da Festa do Codillo, na Rúa

As 700 entradas postas á venda no Concello acabábanse en apenas dúas mañás
O grupo valdeorrés Pándega./ Foto: Carlos G. Hervella.

Uns días despois da multitudinaria Festa do Botelo no Barco, Valdeorras prepárase para outra cita gastronómica, desta volta na Rúa. O vindeiro sábado 26 de xaneiro celebrarase a XII edición da Festa do Codillo cun programa que inclúe homenaxes, xantar e cantos de taberna.

O acto de recoñecemeno, este ano a Vicente Solarat Maceda e ao C.D. Rúa, comezará en torno ás 12:30h. no Centro Cultural Avenida e xa ás 14:30h. abriranse as portas do pavillón de deportes, no Aguillón, para acoller o xantar oficial ao que asistirán máis de 700 persoas (ese foi o número de entradas que se vendían en menos de dous días, segundo as declaracións do alcalde Luis Fernández Gudiña).

O apartado musical da festa correrá po conta o trío Expresión que amenizará a sobremesa, e dos cantos de taberna coa actuación dos grupos Pándega, Abertal e Airiños de Caldelas polos bares da vila, a partires das sete da tarde.

Artigos relacionados

Back to top button