CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Pandigueiro conquista aos cativos triveses coa súa historia e agasallos

O contacontos sobre este mítico personaxe do Nadal galego, tiña lugar no Auditorio Julio Vázquez

A Pobra de Trives continúa coa súa programación navideña. Desta volta tocoulle ao contacontos que na tarde do 3 de xaneiro conquistou ao público no Auditorio Julio Vazquez.

Máis de medio cento de persoas entre cativos e familiares desfrutaron dunha tarde de conto, coñecendo de primeira man a historia do Apalpador (ou Pandigueiro como se lle chamaba nas Terras de Trives). O espectáculo comezaba coa aparición dunha fada apañacastañas que recibía aos nenos convidándoos a subir ao seu bosque máxico (no escenario) e coñecer desde alí a vida do Pandigueiro. Algúns dos pequenos moi animados subiron, aínda que outros moitos preferiron escoitar o conto dende as butacas.

Xa metidos de cheo no conto, o Pandigueiro saudou aos cativos convidándoos á súa humilde casa descubrindo como é o día a día deste carboeiro que andaba polas Terras de Trives, e ata participaron no conto lembrándolle onde tiña gardados os xoguetes que tiña feitos para repartir. No medio da aventura fíxose noite e os pequenos deitáronse a durmir no bosque mentres a fada os tapou coas mantiñas agardando que o señor Pandigueiro ou Apalpador lle apalpara a barriguiña para ver se estaban ben mantidos e deixarlle castañas esa noite. O conto remataba, pero antes o Pandigueiro e a fada apañacastañas repartiron divertidas barbas laranxas coma a súa para todos e tamén castañas secas.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button