CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Pandigueiro e a fada “apañacastañas” triunfan en San Xoán de Río

Un día despois de conquistar ao público trivés, o Pandigueiro e a súa axudante a fada “apañacastañas” triunfaban en San Xoán de Río, reuníndose cos cativos e adultos cos que compartiron a súa historia (un humilde carboeiro que cada Nadal baixa das montaña para agasallar aos cativos con castañas) ademais de regalarlles unha barba e un “caramelo” dos que se comían antes (unha castaña seca). Despois grandes e pequenos posaron no seu photocall.

Dende a AC RioMola dan as grazas ás autoras do contacontos Reme Martinez Gonzalez e Ana Earley, MarEar, “por facer desfrutar a novos e non tan novos desta tarde máxica onde cultura e tradición aterraron no Centro Social de Río”.

Ademais, os cativos de Río teñen hoxe 5 de xaneiro unha cita cos Reis Magos, xa que “chova ou neve” ás 16h. sairá a Cabalgata.

Fotos: Cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button