CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Panxoliñas, agasallos e doces para celebrar o comezo do Nadal no CEIP de O Bolo

Alumnos, profesores e familiares deron á benvida ao novo ano de forma simbólica na praza, comendo 12 Lacasitos e bailando

Dun xeito moi especial comezaban as vacacións de Nadal no CEIP de O Bolo, o xoves 21 de decembro. Xa a primeira hora da mañá, recibían a visita de Papá Noel no centro e ademais de saudar a cativos e profesores, entregou un agasallo a cada un. De seguido tocaba visita á Residencia de Anciáns da Fundación San Rosendo de O Bolo para felicitar as festas aos usuarios do centro cunha panxoliña e darlles tamén un pequeno presente.

O percorrido da comitiva (alumnos, profesores, familiares e Papá Noel) continuou no Concello, onde o alcalde fixo entrega de talóns por natalidade e familia numerosa, así como para o finanzamento da actividade extraescolar de gaita, compartindo un almorzo no Bar Pote. Coas barrigas cheas, continuaron a ruta cara a praza da Igrexa de san Martiño á espera das doce badaladas para dar a benvida de maneira simbólica ao novo ano con 12 Lacasitos. A actividade rematou cun cotillón bailando ao ritmo da música que soaba na praza.

Fotos: CEIP de O Bolo/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button