ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Papá Noel achégase ata O Barco no marco da campaña de Nadal de AEVA e do CCA

O día 24 de decembro estará na praza do Concello a partires das 11h.

Á beira do Sil, no Malecón do Barco, Papá Noel saudaba aos nenos e nenas do Barco na tarde do 23 de decembro. A partires das cinco os máis cativos, acompañados polos seus pais, pero tamén algúns maiores achegábanse ata alí. Ademais podían facerse unha foto con el nun photomaton e levala ao momento.

Papá Noel regresará de novo ao Barco na mañá do 24 de decembro. A partires das 11h. estará na praza do Concello. Esta iniciativa forma parte da campaña de Nadal de Aeva e do CCA.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button