EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Papá Noel chega ao Barco da man de Pc-Red Exclusivo

Os días 20, 21 e 22 de decembro, os cativos poderán saudar ao entrañable personaxe navideño

Comezou como unha tenda con material informático e musical, pouco a pouco foi ampliando a oferta, e hoxe, Pc-Red Exclusivo é unha tenda de agasallos e ocio dixital no que podemos atopar infinidade de artigos. Dende gafas ata fundas para todo tipo de móbiles, carteiras, prendas deportivas, menaxe e un longo etcétera.

Parece que foi onte e xa pasaron sete anos dende que abría as portas na rúa da Estación no Barco de Valdeorras e cada Nadal dende entón celebra as festas por todo o alto. Con música ambiental, moitas suxerencias para “cumprir os teus desexos este Nadal” e a visita de Papá Noel para que os cativos (e tamén maiores) que o desexen, poidan entregarlle as súas cartas e fotografarse con el.  Poden facelo os días 20, 21 e 22 de decembro de 17 a 20h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button