ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Papá Noel enche de cor e música O Barco

Publicidade

 

Saúdando a nenos e maiores, Papá Noel está a percorrer na tarde deste 23 de decembro as rúas do Barco, nunha visita que forma parte da campaña de Nadal promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

En primeiro lugar, Papá Noel achegábase ata praza do Concello, onde algúns cativos, acompañados dos seus pais agardaban por el. Despois dun breve encontro con eles, iniciaba un traxecto polas principais rúas da vila envolto nunha animada música navideña.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button