En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Papá Noel fotografíase cos nenos valdeorreses

Esta actividade, incluída na campaña de Nadal do Barco Centro Comercial Aberto, tiña lugar na tarde do 23 de decembro

A praza do Concello do Barco era o lugar escollido por Papá Noel na tarde do 23 de decembro para reunirse cos nenos valdeorreses. Agardando o seu turno nunha longa ringleira, os cativos ían pasando para saudalo, achegarlles as súas peticións e, ademais para facerse unha foto con el, que levaban ao momento, xa que se facía cun photomatón. Asemade este personaxe do Nadal agasallábaos con caramelos.

Esta iniciativa inclúese dentro da campaña de Nadal promovida polo Barco Centro Comercial Aberto, que dende mediados deste mes tamén instalou un buzón na mesma praza do Concello para que os nenos poidan deixar as súas cartas a Papá Noel e aos Reis Magos.

Foto: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button