ConcellosQuirogaÚltima hora

Papá Noel visitará Quiroga mañá pola mañá

 

Nun Nadal tan atípico como o deste ano os nenos de Quiroga terán mañá a visita especial de Papá Noel.

Un marcado protocolo anti Covid fai que os nenos non poidan achegarse ata Santa Clauss, polo que mandará unha mensaxe a todos os nenos avisándoos de que en Noiteboa achegarase ata todas as súas casas. Mais a partir das doce do mediodía Papá Noel recorrerá as rúas de Quiroga saudando a todos os veciños, aínda que non poderán achegarse a el.

O recorrido comezará ás 12h. na Casa do Concello e continuará ata a praza España. Despois seguirá pola rúa Real ata a Gasolineira para continuar pola rúa Rio Lor, Camilo José Cela, Río Sil, Ramón y Cajal, San Martiño de Abaixo, Quiroga de Argentina, Anxel Fole, Rosalía de Castro, rúa Galicia, praza Maior, rúa Calvo Sotelo, Caurel, Tallos e novamente a rúa Real para rematar no Concello sobre a unha do mediodía.

Se as condicións meteorolóxicas o permiten Papá Noel desprazarase nun vehículo aberto para que todos os nenos o poidan ver, en caso de choiva terá que realizar a visita a Quiroga nun vehículo máis pechado.

Artigos relacionados

Back to top button