CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O papel dos directores médicos dos balnearios, na Biblioteca de Verín

Dende o 2 de marzo esta instalación cultural acolle un ciclo sobre termalismo que continuará ata o 16 deste mesmo mes

A terceira xornada do ciclo de conferencias “Termalismo de Verín. As orixes” xiraba o 9 de marzo arredor das figuras dos directores médicos dos balnearios deste municipio. Desta volta había unha dobre intervención na Biblioteca Municipal de Verín da man de Juan Antonio Rodríguez, profesor da Universidade de Salamanca, e de Francisco Javier de Jorge García-Reyes, director da Biblioteca de Medicina da Universidade Complutense de Madrid. Ambos eran presentados polo alcalde verinés, Gerardo Seoane.

Juan Antonio Rodríguez achegábase na súa ponencia ao papel desempeñado polos directores médicos nos balnearios do municipio. A hidroloxía médica non era antano unha especialidade médica e o seu proceso de profesionalización estivo marcado con máis frecuencia polas intervencións individuais dende o poder (a creación dun Corpo de Médicos-Directores de Baños, dunha cátedra o dun instituto de investigación) que polas necesidades e actuacións de aqueles que se dedicaron á clínica hidrolóxica.

Pola súa banda, García-Reyes abordaba as memorias dos directores médicos do Balneario de Caldeliñas/Sousas. Este ciclo de conferencias proseguirá o vindeiro 15 de marzo con outra dobre intervención desta volta adicada ao culto ás augas.

Fotos: Biblioteca de Verín

Artigos relacionados

Back to top button
Close