Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Paquita e Nicanor reciben aos rapaces do CEIP de Seixalbo

Máis de 200 alumnos do CEIP de Seixalbo reuníronse neste núcleo rural para realizar un desfile polas rúas da parroquia e seres recibidos por Paquita e Nicanor. A pesares de que a choiva non deu tregua, estes rapaces festexaron con felicidade esta xornada e lle puxeron cor a este día tinquido de gris.

A temática deste ano foi a natureza. Segundo explicou unha das mestas, como este ano houbo moitos incendios pensaron en facer esta homenaxe á natureza e ao bosque galego.

Ao ritmo dos tambores, os rapaces percorreron o lugar arroupados polos veciños da zona que incluso baixaron paraugas para cubrir aos cativos da choiva. Finalmente, o desfile rematou na Praza Maior, con Paquita, Nicanor e Vicentiño saudando dende o balcón.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button