ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil abre a tempada turística primavera-verán 2021

 

Con moi boa acollida, afluencia de visitantes, pero tamén “con sentidiño”, Parada de Sil vén de encetar na ponte de San Xosé na tempada turística primavera-verán 2021. Así dende onte e ata o 30 de outubro (incluído), o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a Casa-Museo Fábrica de Chocolate e a Oficina de Turismo de Parada de Sil estarán abertos ao público cos seguintes horarios:

– Mosteiro de Sta. Cristina
Luns a domingo: 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 hrs.
Informador: Manuel Ángel Pérez

– Casa- Museo do Chocolate
Luns a mércores: 16:30 a 19.45 hrs. e de Xoves a domingo: 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:45 hrs.
Responsable: Mónica Fariña

– Oficina Municipal de Turismo
Teléfono de Información ao visitante: 689 683 713
Luns a mércores: 11:00 a 14:00 hrs. e de Xoves a domingo: 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:45 hrs.
Responsable: Fernando Souza.

Nesta fin de semana abrirán todos os establecementos hoteleiros e de restauración incluíndo, restaurantes, hoteis, casas rurais, A Fábrica da Luz e o cámping Cañon do Sil.

Protocolo Covid-19 de visita turística a Parada de Sil

Ademais as visitas turísticas a este municipio da Ribeira Sacra Ourensá deben seguir un estrito protocolo fronte ao Covid-19, cunha serie de indicacións e medidas sanitarias así como con aforos.

“Debido ao aforo e en datas con moitos visitantes pedímoslle, por seguridade de todos, que sexa paciente. O Mosteiro de Sta. Cristina ten un 50% de aforo e farase a reserva para acceder ao Mosteiro pola plataforma www.entradas.ribeirasacra.org/es. A Casa- Museo do Chocolate ten tamén limitado o aforo e soamente poderán pasar 4 visitantes máis a guía do Museo, a entrada é gratuita e sen reserva polo momento. Á Oficina de Turismo só poderán acceder como máximo 2 persoas para pedir información”, tal e como se informa dende o Concello de Parada de Sil.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button