Parada de Sil achega un amplo programa de actividades para descubrir as súas paisaxes de outono

Comezará o 4 de novembro cunhas xornadas micolóxicas na Fábrica da Luz, nas que haberá unha charla teórica, seguida dunha saída a recoller cogomelos, un xantar e clasificación das mesmas

Unha das paisaxes de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste vindeiro 4 de novembro o Concello de Parada de Sil porá en marcha o seu programa de actividades de outono con algunhas novidades con respecto a outros anos. “Para animar á xente a acudir a Parada de sil, todas as fins de semana deste mes haberá ctividades, empezando por unhas xornadas micolóxicas na Fábrica da Luz, nas que haberá unha charla teórica, logo saída a recoller setas e logo xantar e clasificación das mesmas. Esta actividade ten lugar ó carón da pasarela do Mao, hoxe un icono da Ribeira Sacra”, adiantan dende o Concello

Ademais o día 10 de novembro teá lugar a XII Andaina da Castaña, tamén para cativos, necesario con comida e magosto ao remate. Para participar será necesario inscribirse.A ruta de cativos é guiada con explicacións por uns sendeiro etnográfico moi interesante polas viñas, soutos, Monteiro de Santa Cristina…

Na seguinte fin de semana, o día 17, será a VII Festa da Pisa en Purdeus “con comida en carpa calefactada, sendo unha novidade importante, que agardamos acerque a máis comensais”, sinalan dende o Concello de Parada de Sil. Finalmente, os días 24 e 25 haberá unha maratón fotográfico que como novidade este ano conleva unha ruta xeolóxica con explicacións de profesionais.

Deste xeito, a alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, fai unha aposta forte por situar ao municipio de Parada de Sil como un referente na Ribeira Sacra en actividades outonais en relación có medio natural o que supón a posta en valor do mesmo.

Máis información na edición en papel de novembro do Periódico O Sil

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies