OurenseSen categorizarÚltima hora

Parada de Sil acolle o 4º Certame Coral Aqua Música

Neste concerto participaban tres agrupacións: Coral Encina de Mata, Coral Lembranzas de Santa Cruz de Oleiros e Coral Polifónica Aqua Música de Ourense

 

A igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil convertíase a partires das 20h. do 18 de agosto en escenario do 4º Certame Coral Aqua Música Ribeira Sacra coa participación de tres formacións corais, cada unha das cales interpretaba seis pezas.

Así a Coral Encina de Mata despregaba un repertorio que incluía temas como “La verbena de la Paloma” (Tomás Bretón) ou “Canto a la montaña” (C. Peredo), mentres que a Coral Lembranzas de Santa Cruz de Oleiros cantaba, entre outras pezas, a “Habanera salada” (Ricardo de la Fuente) ou “Cruz de navajas” (Mecano).

O programa completábao a Coral Polifónica Aqua Música con “Tourdion” (anómino francés, século XIV), “Ai Flores” (Miguel Carneiro, s. XII), “Jardín de Ensueño” (Rey Rivero), “La reina del placer” (A. Langree), “Alalá de Muxía” (harmonización de Jerez Germán) e “A cinta de namorar” (A. Jaunsarás).

Este evento musical ten sido organizado pola Coral Aqua Música de Ourense en colaboración co Concello de Parada de Sil, a Deputación Provincial e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button